O Concello licita a nova escola infantil de Praza da Industria por 627.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o expediente de contratación das obras de execución do proxecto de acondicionamento da planta baixa e do soto do Instituto Municipal de Educación para a nova escola municipal infantil que terá 57 prazas

O alcalde informou en rolda de prensa que o orzamento de licitación é de 627.000 euros e o prazo estimado de execución das obras no inmoble, situado en Camiño do Chouzo, é de 4 meses.

A obra inclúe a demolición da cuberta da zona de almacén existente, tabiquería interior e desmonte das escaleiras existentes, un novo saneamento horizontal e nova división interior, a reparación de elementos de cuberta deteriorados e a colocación de illamento e dunha cuberta de vidro no soportal de entrada para protexer aos nenos na entrada e saída do centro. Terá nova fontanería, baños, rede de calefacción, ventilación, electricidade e iluminación, ademais de redes de datos

A nova escola infantil municipal da Praza da Industria contará con aulas para os tres cursos e un total de 57 prazas: 8 no primeiro ano, 23 para nenas e nenos de entre un e dous anos e 26 para os de dous a tres anos. “Estamos pensando e así llo transmitirmos ao Ministerio de Educación que a escola debe ser obxecto de financiamento de fondos europeos e imos presentala”, sinalou o rexedor, malia que de momento “adiantamos os fondos desde o Concello porque non queremos que se atrase”.