A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a contratación das obras do proxecto de humanización da rúa, que ten un prazo de execución de oito meses e que supoñerá unha renovación completa
O alcalde deu conta da aprobación en rolda de prensa e cualificou a humanización de “altísimo nivel” coa renovación de canalizacións, pavimentación, xardinería, alumeado, mobiliario ou semáforos. O orzamento da obra suma case 2,2 millóns de euros coa previsión de que estea rematada en oito meses.
Así, o total do importe investido polo goberno municipal na humanización de García Barbón ascende a 6,7 millóns de euros, quedando pendente o tramo que discorre entre Isaac Peral e Sanjurjo Badía.
Con todo, o rexedor responsabilizou á Xunta de Galicia do adiamento das obras “por razóns políticas”, xa que foi licitada en 2019 e debera estar rematada pero o goberno autonómico cuestionou o traslado do conxunto escultórico da rotonda de Isaac Peral, polo que foi preciso reformular o proxecto.

