O Concello investirá 550.000 euros en renovar a finais deste verán o firme da Avenida de Citroën

Abel Caballero anunciou este xoves que a Xunta de Goberno aprobará mañá o expediente para contratar da pavimentación da Avenida de Citroën

A renovación do firme comprenderá desde o cruzamento con Camposancos e Florida ata a ligazón coa Avenida de Portanet no cruzamento coa rúa Val Miñor

“Trátase dun asfaltado e pavimentación importantísima dunha vía de alta utilización cun custo estimado de 550.000 euros”, destacou o alcalde.

Caballero explicou que a previsión do Concello é iniciar as obras a finais deste verán. “Vai mellorar moito a seguridade, así como as condicións de circulación porque imos renovar todo o firme da calzada, e instalaranse sumidoiros que se conectarán coa rede de pluviais, para mellorar a rede de drenaxe”, remarcou.