O Concello insiste en reformar os accesos do Párroco don Camilo a través da Lei Vigo

O rexidor cos responsables do colexio.

O goberno local está á espera dunha resolución xudicial para saber se pode aplicar esta norma

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta maña un encontro cos responsables Párroco don Camilo para explicarlles que o Concello está esperando pola resolución xudicial para saber se finalmente pode aplicar a chamada lei Lei Vigo para acometer a remodelación dos accesos ao centro.

O goberno local recorreu ao xulgado a negativa da Xunta de permitir o uso desa ferramenta urbanística para remodelar os accesos ao colexio, tal e como pretendía o goberno local, o que permitiría rematar as obras en seis meses.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí