Son parcelas nas que os propietarios non cumpriron coa súa obriga de mantelas libres de maleza, polo que a cidade actúa de forma subsidiaria adicando 70.000 euros
O BOE do pasado 8 de xuño recolle o anuncio de notificación das resolucións de execución forzosa, último paso para que o Concello comece a limpar de forma subsidiaria aquelas fincas privadas sen rozar por parte dos seus propietarios. Previamente, a cidade constatara que estas tiñan maleza, advertiuse aos donos da súa obriga de rozar e, transcorrido o prazo para actuar, se verificou que continuaban sen facelo.
Son 960 terreos e 70.000 os euros que deberá adicar a cidade ao efecto, para minorar o risco de incendio e dando así cumprimento á normativa autonómica. O alcalde explicou que o goberno de Vigo procederá desde esta mesma semana coa limpeza das fincas, comezando por aquelas máis próximas a núcleos urbanos habitados. A previsión municipal é ter rematado o traballo “en mes e medio ou dous meses”, en verbas de Caballero.