O alcalde puxo a primeira pedra simbólica da obra do Vigo Vertical que dará acceso ao centro de saúde de Teis
A humanización e posta en marcha das ramplas mecánicas na rúa Ángela Iglesias Rebollar salvará unha pendente do 17%
Arrancou a obra das ramplas mecánicas de acceso ao centro de saúde Teis. Abel Caballero e parte da equipa de goberno achegáronse á zona para a colocación da simbólica primeira pedra que marca o comezo da humanización da rúa Ángela Iglesias Rebollar cunha rampla porticada de case 50 metros de lonxitude. O goberno local adica a esta acción 1.308.000 euros.
O alcalde de Vigo detallou en rolda de prensa que a rampla estará cuberta cos pórticos metálicos e cerramentos en vidro, ademais de contar con xardíns de aproximadamente metro e medio a ambos lados. O proxecto tamén prevé a renovación da rede de saneamento e fecais, canalización do alumeado e novos puntos led así como una estatua en honor a Ángela Iglesias Rebollar. Ademais, o concello reordenará o tráfico na zona coa instalación dun semáforo no cruce da rúa Ángela Iglesias Rebollar coa Avenida Galicia.
Caballero deu conta das accións que Vigo está a facer en materia de mobilidade sostible coa instalacións de ramplas, escaleiras e ascensores en Vigo. Así, lembrou actuacións en marcha como as ramplas de Gran Vías, o HALO, as ramplas en Escultor Gregorio Fernández, a ramplas e ascensor entre Travesía de Vigo e Aragón, as escaleiras mecánicas de Talude, a rampla de Serafín Avendaño, o acceso mecánico de Carral a Porta do Sol, a unión de Romil con Hispanidade, colexio Losada con Ramón Nieto, o corredor mecánico de Juan Ramón Jiménez coa actuación entre Camelias e Hispanidade e Marqués de Valterra con Torrecedeira.
“Imos facer un corredor mecánico entre o Auditorio Mar de Vigo ata Hispanidade para chegar desde a parte baixa ao alto da cidade en dous minutos e medios”, afirmou o rexedor.

