O Concello incrementa o seu apoio á Orquestra Vigo 430 para a nova programación

O alcalde e o director artístico da orquestra presentaron este martes a programación 2022 que abrangue cinco ciclos de concertos, entre os meses de xaneiro e maio, con propostas novas e a presenza de figuras internacionais

O Concello de Vigo incrementa o seu apoio á Orquestra Vigo 430 para a nova programación. “Estamos encantados da colaboración coa Orquestra; subimos o apoio nos orzamentos dos 125.000 aos 150.000 euros, un incremento do 20% e imos seguir nesa liña atendendo ao compromiso que adquirimos”, explicou o rexedor na rolda de prensa na que cualificou de “estimulante e marabillosa” a oferta de concertos do programa deste ano. Amais, felicitou a toda a orquestra polo “traballo excepcional” que desenvolve.

Javier Escobar Vidal, director artístico da Orquestra Vigo 430, apuntou que a “sensibilidade artística e social do Concello dende hai anos permite que o proxecto da orquestra saia adiante. Todo este apoio permite que, ano tras ano, o noso proxecto, aínda modesto pero de calidade, teña repercusión”.

Tal e como sinalou, na orquestra fixeron unha selección de artistas elixindo o máis interesante para o público da cidade cunha programación que se divide, de xaneiro a maio, en cinco programas que serán interpretados polas formacións de cámara, sinfónica e barroca. Os recitais celébranse no Auditorio Municipal e no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

No mes de xaneiro XANEIRO, “espectacular concerto” da violinista holandesa Rosanne Philippens, como solista e directora, coa disruptiva 3a sinfonía de Beethoven ademais do soado concerto para violín de Brahms. O ciclo conta con dúas propostas de música de cámara: en febreiro, música orixinal para quinteto de metais e, en marzo, obras de Brahms para corda coa colaboración da violinista María Florea e da violinista exipcia Sindy Mohamed, artista residente este ano na 430.

En abril, proposta nova para o público familiar, infantil e xuvenil co programa “As aventuras do Príncipe Achmed”, na que o público poderá ver a película orixinal de 1926, a longametraxe animada máis antiga luetas. A música foi composta especificamente para a película polo compositor vigués Brais González ◦ ◦ O ciclo péchase cun concerto da orquestra especializada en música barroca coa presenza de Lucie Horsch, virtuosa intérprete de frauta de pico, unha das artistas máis requiridas do momento en Europa.

Detalle da programación da Orquestra Vigo 430:

– PROGRAMA 1: ORQUESTRA VIGO 430 + ROSANNE PHILIPPENS (directora e solista)

28 de XANEIRO ás 20:30 h. Auditorio Martin Codax – CSM Vigo

Beethoven: Sinfonía non3 Heróica

Brahms: Concerto para violín

– PROGRAMA 2 ◦ ENSEMBLE VIGO 430 – Música para quinteto de metais

19 de FEBREIRO ás 20:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Ewazen: A western fanfare

Ewald: Quinteto non4 na bemol, op.8

Calvert: Suite from the Monteregian Hills

Crespo: Suite Americana

– PROGRAMA 3 ◦ ENSEMBLE VIGO 430 + María Florea (violín) + Sindy Mohamed (viola)

26 de MARZO ás 20:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo –

Mozart: Dúo non2 K.424

Mahler: Cuarteto con piano na menor

Brahms: Sexteto non2, op.36 OV430

– PROGRAMA 4 ◦ ORQUESTRA VIGO 430 + Isabel Rubio (directora)

23 e 24 de ABRIL ás 19:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Cinema + música en familia: As aventuras do Príncipe Achmed

-PROGRAMA 5 ◦ ORQUESTRA BARROCA VIGO 430 + Lucie Horsch ( frauta de pico) + Pavel Amilcar ( concertino e director)

27 de maio ás 20:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo

J.S. Bach: concerto na menor BWV 1041

Vivaldi: concerto de L’Estro Armonico non8 RV 522

Vivaldi: concerto para frautín RV 444

Telemann: Suite na menor TWV 50:a3

G. Sammartini: concerto para frauta en fa maior