O Concello fai entrega dunha pedra da antiga grada de Marcador como recordo

O alcalde anunciou ao comezo da demolición da antiga grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos que as persoas interesadas terían unha pequena pedra como recordo. O Concello ten preparadas uns centos delas para que as persoas interesadas poidan retiralas na Concellería de Fomento (2º andar do Concello). Trátase dun anaco de pedra sobre un metacrilato que «é un adorno bonito» para lembrar o que foi a antiga grada do campo municipal de Balaídos e onde xoga o Real Club Celta.

- Publicidad -
LETRAS GALEGAS 2024