O Concello facilitará mediante lanzadeiras a conexión entre Vigo e Lavacolla durante as obras no aeroporto

O alcalde di que “facilitará ao máximo” a utilización dos voos de Vigo desde Lavacolla durante a obra de remodelación da pista que acometerá Aena o próximo ano

Abel Caballero anunciou “facilitará ao máximo” a conexión entre Vigo e o aeroporto de Lavacolla durante as obras de remodelación da pista de aterraxe do aeródromo olívico.

Aena vén de licitar unha nova pista para o Aeroporto de Vigo cun importe de case 30 millóns de euros. Os traballos suspenderán a actividade entre o 6 e o 30 de maio de 2024, uns 25 días. Con isto, o alcalde mantivo unha conversa co secretario de Estado de Transportes, David Lucas, e ambos manifestaron o seu acordo en sacar adiante esta obra para “eliminar as dificultades que xurden esporadicamente polo estado actual da pista”.

Caballero manifestou que pedirá ás empresas que sigan ofertando os voos desde aeroportos próximos, como pode ser o de Santiago: “O Concello porá lanzadeiras para acceder desde Vigo ao aeroporto de Santiago e que os viaxeiros poidan calibrar ben as súas viaxes, sabendo que sairán desde un aeroporto alternativo eses días”.