Será só no tramo e na beirarrúa que une Príncipe coa Gran Vía
O goberno de Vigo amplía as medidas de prevención contra o Covid-19 nas principais arterias peonís da cidade. Abel Caballero avanzou este mércores que a administración que preside tamén pintará direccións únicas de paseo na beirarrúa de Urzáiz que comunica a rúa do Príncipe coa Gran Vía.
A actuación anunciada polo alcalde comprenderá só a marxe dereita de Urzáiz en sentido ascendente, desde o farol ata a Gran Vía, zona de ampla presenza comercial que opera en ocasións como unha prolongación de Príncipe. O Concello tamén debullará alí as pegadas verdes que marcan o sentido no que camiñar e os puntos vermellos que delimitan a distancia de seguridade, tal e como está a facer estes días en Príncipe.
En Príncipe, segundo explicou Caballero, a pasada noite marcouse aproximadamente dous terzos da rúa e na próxima quedará finalizado o traballo, sumándose así ao paseo de Samil. A próxima actuación destas características será na peonil do Calvario.
O obxectivo desta medida é minimizar o risco de propagación do Covid-19 na rúa, delimitando no chan as direccións de tránsito dos peóns para evitar cruces e indicando a distancia mínima de seguridade, dun metro e medio.


As tonterías do alcalde non teñen límite ?
Se non nos mata o COVID o farán as ruínas do Casco Vello https://flic.kr/p/2iDMRPA