O Concello eleva este ano a súa achega ao MARCO ata os 795.000 euros

Museo Marco de Vigo.

O incremento responde á exposición polo aniversario de Laxeiro e reverterá no funcionamento do centro

A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves o financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO para o funcionamento do céntrico museo durante o exercicio de 2022.

En rolda de prensa, Abel Caballero asegurou que a administración local viguesa adicará 120.000 euros máis este ano, pasando dos 675.000 de 2021 aos 795.000 euros.

“Seguiremos apoiando o MARCO en toda a súa extensión e para que siga adiante a súa senda de éxito certamente notable”, manifestou o alcalde este mércores, logo de explicar que a suba responde á exposición que prepara o Concello para celebrar o “Ano de Laxeiro en Vigo” e ao propio funcionamento da entidade.