O Concello e Universidade renovan a colaboración en VigoNature

O Concello e a Universidade de Vigo renovan o programa de colaboración que implica á área de Zooloxía do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, segundo anunciou este luns o alcalde

Abel Caballero anunciou hoxe que a nova edición do acordo coa universidade forma parte do proceso de transformación, impulsado polo Concello, do vello zoológico no novo VigoNature. “Esta colaboración significa actividades educativas específicas dedicadas a alumnos da universidade para tratar do comportamento e o benestar animal dentro das instalacións”, detallou.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O alcalde lembrou que as instalacións da Madroa xa non acollen a animais salvaxes en catividade, e que “en todo caso, hai que tratar e estar sempre pendentes do benestar animal”.

O rexedor iniciou en que “VigoZoo é, coa axuda da Universidade de Vigo, unha trasformación dun vello zoológico torturador de animais, nun lugar de natureza”, que conta con campamentos e actividades de loita contra o cambio climático. “Unha nova dimensión”, incidiu Caballero.