O Concello de Vigo mantén en hoteis a 22 inquilinos do edificio incendiado en Sanjurjo Badía

O rexedor durante a visita aos afectados.

O alcalde Abel Caballero visitounos este luns nun dos tres hoteis nos que están aloxadas 

O Concello de Vigo mantén en tres hoteis da cidade a 22 persoas das 84 familias afectadas polo incendio que se produciu na noite deste sábado no garaxe dun inmoble da rúa Sanjurjo Badía. O Concello adiantará o pago dos establecementos, que será repercutido ao seguro.

O alcalde, Abel Caballero, informou de que o arquitecto municipal, nunha avaliación inicial, non detectou problemas estruturais graves no edificio pero si no garaxe, polo que sería necesario apuntalar e fixar estruturas para poder contar novamente con auga e luz no edificio. A baixante de augas fecais tamén resultou afectada