O Concello de Vigo e FCC incorporan 100 novos contedores marróns de residuos orgánicos con apertura a través da tarxeta  PassVigo

Os novos contedores instalaranse nun total de 22 rúas e darán servizo a preto  de 30.000 cidadáns

 O Concello de Vigo e FCC, empresa adxudicataria dos servizos de  recollida de residuos e limpeza urbana de Vigo, comezan a instalar hoxe na cidade un total de  100 contedores de residuos orgánicos con apertura a través da tarxeta PassVigo. 

Os novos contedores marróns, que darán servizo a preto de 30.000 cidadáns, estarán presentes nun total de 22 rúas: 

1. A Guarda 

2. Alexadre Bóveda 3. Av. de Castelao 4. Av. De Florida 5. Baiona 

6. Darío Durán 

7. Eugenio Kraft 8. Garcia Lorca 9. Lorient 

10. Manuel de Castro 11. Nigrán 

12. Pablo Iglesias 

13. Ángel Llanos 

14. Tui 

15. Felipe Prosperi 

16. Fotógrafo Xosé Gil 

17. Fotógrafo Luis Casado 18. Fotógrafos Irmáns Sarabia 19. Ponte de Veiga 

20. Quintela 

21. Salvador Allende 

22. Santa María de Oia 

Estas 100 unidades están destinadas á fracción orgánica, incluíndo restos de alimentos como  froitas, verduras, carne ou peixe cociñados ou cascas de ovo, así como tapóns de cortiza,  panos de mesa de papel, infusións ou pequenos restos vexetais.

O uso da tarxeta PassVigo, que funciona con tecnoloxía contactless, permite, entre outros, unha apertura mais sinxela que co antigo pedal e garante o seu correcto uso, destinado só a  residuos orgánicos. 

Os 100 novos contedores súmanse aos 69 implantados na experiencia piloto realizada en Coia  e Navia no ano 2020. 

Con este tipo de iniciativas, o Concello de Vigo e FCC queren contribuír á prevención na  xeración de residuos e fomentar a reutilización, a reciclaxe e a separación de residuos, para a  mellora das recollidas selectivas.