Abel Caballero deu conta do convenio que asinará o Concello con Ceetrus para que a titularidade da Praza de Vialia sexa municipal. “É unha praza de uso público, unha zona importante de ocio, onde as familias pasan a tarde… e queremos que a xestión sexa desde o Concello”, sinalou o rexedor.
Segundo explicou o alcalde, o mantemento da praza será nun 60% por parte do Concello, e o 40% restante asumirao Ceetrus. “Isto é moi conveniente para o Concello, aseguramos que estea en perfecto estado”, dixo o rexedor.
Caballero lembrou que coa apertura do HALO a praza convértese nunha zona de comunicación entre a zona alta e baixa de Vigo.

