Caballero explica que este ano dedicaranse 6,4 millóns para o programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés” que beneficiará a case 3.000 alumnos da cidade
O Concello de Vigo vén de abrir o prazo de solicitude das bolsas de inglés. Desde este luns o alumnado de 3º e 4º da ESO pode presentar as solicitudes para o programa “Vigo en Inglés”. Son a xeración de 2021 e 2022 xa que a de 2020 ten a convocatoria resolta. Poderán realizarse ata o 21 de decembro.
Tal e como explicou o alcalde, Abel, Caballero, o Concello enviará a case 3.000 estudantes coa bolsa municipal que inclúe o importe da matrícula no programa lectivo, os custos de aloxamento con pensión completa en familias anfitrioas, os gastos derivados do curso intensivo de inglés e da organización de actividades extraescolares e de lecer, as visitas didácticas a centros de interese, os voos de ida e volta e transporte urbano ata o centro de ensino e os seguros de viaxe e responsabilidade civil. O custo de cada praza é de 2.400 euros aproximadamente.
O goberno de Vigo concederá en 2022 bolsas de inglés a 2.500 e 3.000 estudantes cun investimento de 6,4 millóns de euros. A previsión é que a xeración de 2020 viaxe en xullo de 2022, a de 2021, en setembro de 2022 e a de 2022, en outubro de 2022.

