Coincidindo co Mes da Muller e coa celebración do 8 de marzo o vindeiro domingo, emitiu un comunicado oficial rexeitando o espectáculo de Kidd Keo

O Concello de Mos en consenso e baixo o asesoramento dos/as técnicos/as do CIM (Centro de Información á Muller) de Mos emitiu un comunicado oficial ante o vindeiro concerto de inicio da xira “The Rockport Tour” do cantante de trap, Kidd Keo, nun local do municipio mosense.

Según o goberno local as letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller. É por elo que, “desde o Concello de Mos manifestamos, en xeral, a nosa máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos, e máxime, cando nos atopamos concretamente no mes de marzo, o Mes da Muller, xa que o vindeiro domingo 8 celébrase o Día Internacional da Muller”, declarou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro.

O concerto de Kidd Keo está programado para o próximo 3 de abril ás 23:59 horas contando ademais cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

A administración local mosense conclúe o seu comunicado insistindo en que, entre os seus principais obxectivos durante todo o ano, e en especial en datas como as actuais, atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto.

“Actividades como este concerto son todo o contrario ao que queremos ensinar aos nosos/as nenos/as e mozos/as, precisamente o que queremos é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivas, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres; é por elo que non podemos senón que manifestarnos en contra e facer pública a nosa repulsa como institución a través deste comunicado”, sentenciaron Cebreiro e Arévalo.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí