Terá lugar os sábados 8, 15, 22 e 29 de maio
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, da man de Nuria Lameiro Valverde brinda a mocidade a oportunidade de trastear e investigar a cámara do móbil ó lado dunha profesional fotográfica.
Con este curso pretenden que a mocidade aprenda técnicas e consellos para sacarlle o maior partido as fotografías que se realizan co dispositivo móbil. A fotógrafa Miriam Rodríguez, guiará paso a paso as distintas pautas para a realización dunha foto e trucos para editalas de forma rápida e eficaz.
A inscrición será do 15 ao 30 de abril. Para solicitar participar no curso deben enviar un correo electrónico a omix@concellodegondomar.gal ou presencialmente e cubrir uns anexos.

