O Concello celebra o Día do Libro cunha lectura pública na Casa Galega da Cultura

Abel Caballero avanzou en rolda de prensa este luns que a conmemoración desta efeméride será o 20 de abril coa lectura de textos de Fernández del Riego, Octavio Paz ou Martín Códax

A Casa Galega da Cultura acollerá este próximo xoves, 20 de abril, ás 12 horas da mañá, un acto público de lectura de diferentes textos para celebrar o Día Internacional do Libro.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O 23 de abril poderán escoitarse na cidade fragmentos lidos de obras de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas; Martín Codax, homenaxeado en 2023 no Día das Artes Galegas; Octavio Paz, premio Cervantes; Fernando Pessoa, unha das figuras literarias máis importantes do século XX e un dos grandes poetas da lingua portuguesa; Rafael Cadenas, premio Cervantes 2022 e Antonio García Teijeiro, escritor e crítico de literatura infantil.