Os apoios para libros ascenden a 110.000 euros e os de comedor escolar superan o millón

O orzamento municipal contempla outros 606.000 euros para bolsas de comedor a través de FOANPAS

O goberno local de Vigo validou hoxe as das bases reguladoras para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnado de centros públicos e concertados de Infantil (2ª etapa), Primaria e Secundaria.

Segundo indicou o rexedor, Abel Caballero, a convocatoria presenta un importe de 110.000 euros para libros e 1.095.000 euros para comedor escolar, partida esta que poder ser ampliada noutros 120.000 euros sen precisar dunha nova convocatoria, segundo recolle o expediente. Para optar, os interesados deben cumprir os requisitos do programa (empadroamento en Vigo, centro educativo na cidade e que a capacidade económica da unidade familiar non exceda do 75% do IPREM, entre outros) e presentar a solicitude durante os vinte días hábiles posteriores á publicación do extracto da convocatoria.

O Concello de Vigo conta con outra partida de 606.000 euros no orzamento deste ano cos que concede tamén apoio ao comedor escolar do alumnado a través da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo (FOANPAS).

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí