O Concello aproba 39 actuacións en catro Áreas de Rehabilitación Integral Urbana

O Consello da Xerencia de Urbanismo deu luz verde aos primeiros catro expedientes da Oficina de Rehabilitación nos ámbitos de Beiramar, San Pablo, Espiñeiro-Teis e San Roque

O alcalde explicou que os ámbitos de Beiramar, San Pablo e Espiñeiro-Teis contan cun orzamento total previsto para a execución de obras de 259.500 euros mentres a área de San Pablo dispón de 289.500 euros.

As primeiras 39 actuacións de rehabilitación, conservación ou accesibilidade de vivendas, incluídas na primeira fase das Áreas de Rehabilitación Integral de ámbitos urbanos de Beiramar, súmanse ás que xa están en marcha no Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e as rúas Bueu e Moaña, polo que Vigo conta con 8 ARIS aprobadas.

Abel Caballero quixo “animar” á cidadanía que reside nestes ámbitos da cidade para que poidan beneficiarse destas axudas para a rehabilitación das vivendas, xa que “os dous terzos do gasto” das obras é asumido polas administracións. O Concello seguirá facendo convocatorias para que máis vivendas poidan optar á axudas, xa que queda orzamento dispoñible.

Sobre o financiamento, o rexedor lembrou que o 44% do financiamento corresponde ao Goberno de España, que é o “principal financiador”, o Concello proporciona un 12,5% da subvención con case medio millón de euros do orzamento das rehabilitacións e os particulares deben aboar arredor do 30% do custo das obras.