O Concello apraza as rutas por Pereiró e a andaina do Camiño a Camiño polo temporal

O goberno local decidiu aprazar as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró programadas para o venres 3 de novembro polo temporal e as alertas decretadas pola AEMET. O Concello avisará aos inscritos para este día. Está previsto que os roteiros dean comezo unha vez rematen as alertas amarela e laranxa que se están a anunciar estes días por vento e choiva. Tamén o Concello aprazará a ruta do Camiño a Camiño programada para o domingo 5 de novembro polo mesmo motivo. Esta andaina pasará a celebrarse o domingo 3 de decembro. Con mor do temporal, o río Tamuxe, no Concello de O Rosal, rexistra un caudal elevado, polo que é recomendable aprazar esta actividade.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training