O Concello ampliará o polígono do Caramuxo

“Imos transformalo nunha zona industrial, unha zona terciaria e unha zona urbanizable”, destaca

A aprobación definitiva podería ser este mesmo ano

Abel Caballero visitou esta mañá as parcelas que ampliarán o polígono industrial do Caramuxo, onde se creará unha nova zona industrial limítrofe coa avenida Ricardo Mella e situada fronte a Navia. Neste espazo “completarase a trama urbana” adecuándoa ao conxunto da cidade e ademais crearase solo “adicado a industria e comercio, coa xeración de emprego que iso significa”, como sinalou o rexedor.

Na rolda de prensa o alcalde tamén explicou que se incorporará un novo vial de 3.464 m², “dándolle así unha utilidade produtiva e cidadá a toda esa zona”, que contará con preto de 300 prazas de aparcadoiro e que terá unha estrutura verde coa plantación de 40 árbores.