O Concello amplía os horarios das salas de estudio do Mar de Vigo e de Navia na época de exames

A sala de estudo do Mar de Vigo abrirá todos os días ata ás 00,00h, mentres que a sala de Navia estará operativa de luns a domingo entre as 09,00 e as 21,00h

O obxectivo é dar servizo ao aumento da demanda de salas des estudo no mes de xuño e na primeira quincena do mes de xullo

O alcalde deu conta esta mañá do reforzo dos horarios das distintas salas de lectura da cidade adaptándoos ás necesidades dos estudantes nesta época de exames. No Mar de Vigo, con 400 postos de lectura -que se reducen pola situación covid -vaise ampliar o horario ata as 00,00h. A sala de Navia, con 144 postos de lectura, abrirá as súas portas de luns a domingo desde as 09,00h ata as 21,00h.

Pola súa banda, a Casa do Patín -con 25 postos de lectura – estará habilitada de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 e de 17,00 a 21,00 h, mentres que a Biblioteca Neira Vilas ten 42 postos de lectura operativos. Nun futuro, engadiu, sumarase a esta oferta a Biblioteca de Teis e a do Estado que se instalará na rúa Lalín.