O Concello abre o 27 de marzo o prazo de solicitude das Escolas Infantís Municipais

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as normas de adxudicación das prazas e a matrícula para o curso 2023-2024 nas escolas municipais que serán “totalmente gratuítas, incluído o comedor”, tal e como sinalou o alcalde

A oferta para este curso 2023-2024 é de 674 prazas en 9 escolas municipais: Atalaia- Teis: 82 prazas, Bembrive (82), Bouzas (80), Costeira-Saiáns (72), Mestres Goldar-Castrelos (78), Navia (82), Santa Cristina-Lavadores (76), Tomás Alonso (78), Santa Marta (44). No caso da escola de Santa Marta está previsto o traslado ás novas instalacións da Praza de la Industria, unha vez finalizadas as obras.

O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de marzo ao 14 de abril de 2023 e toda a información e o xeito de presentación das mesmas está na web www.vigo.org. Tal e como recollen as bases, poderán solicitar praza as familias con nenas e nenos empadroados en Vigo cunha idade mínima de tres meses. As listas provisionais de admisión publicaranse en na web www.escolasvigo.org o 1 de xuño e a matrícula deberá formalizarse entre o 19 e o 28 de xuño de 2023.