O Comité clínico propón subir ao nivel máximo de restricións fronte á Covid a Vigo

Outros 11 concellos da área de Vigo estarían tamén nese nivel, que pasa a ter un total de 20 de 26 concellos da comarca

Galicia suma outros 54 concellos ademáis de Vigo en vermello, co que 115 municipios quedan emprazados no nivel de restricións máis elevado, o que supón un 72% da poboación

Trala preocupante evolución das cifras nas últimas semanas, o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, elevar ao  nivel máximo as restricións ao concellos de Vigo, ademáis doutros 55 municipios de Galicia entre os que tamén figura Pontevedra.

A principal diferencia entre o nivel medio-alto no que se atopaba a cidade e o nivel máximo no que entrará agora figura, fundamentalmente, na hostalería, que queda limitada únicamente ao 50% no exterior, prohibíndose a posibilidade do 30% no interior. Continúan igual o toque de queda a partir das 22 horas ou o peche dos establecementos comerciais a partir das 21.30 horas.

Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións  outros 54 concellos da nosa comunidade autónoma dos que 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol.

No tocante á propia área sanitaria de Vigo, márcanse máximas limitacións tamén nos concellos de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas. Deste modo, 20 dos 26 concellos da área sanitaria estarán en niveis máximos de alerta, toda vez que nove xa estaban en vermello desde o venres.

Na área sanitaria compostelá colócanse no nivel máis alto de restricións  Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda, mentres que na área de Ferrol, engádense ao grupo Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

Estes concellos son, na área coruñesa, Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Na área sanitaria de Lugo son Burela, Cervo e O Vicedo e na área ourensá, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. No referido á área de Pontevedra os concellos que soben ao nivel máis alto de restricións son A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña.

Tras sumar estes 56 concellos, Galicia pasará a ter 115 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación.