Terá lugar o próximo sábado, 5 de novembro a partir das 10:00 horas, na Rúa Pedra Seixa do barrio de Navia.
Por sexto ano consecutivo, o Club ATV Distrito, a AAVV Novo Vigo e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) organizan a VI Xuntanza Discapaciquad.
Este ano este evento de convivencia cambia de espazo e terá lugar na rúa Pedra Seixa do barrio vigués de Navia. Será este sábado 5 de novembro en horario de 10:00 a 18:00 horas.
A actividade principal será gozar dun paseo en vehículos Atv`s de dúas prazas e boogies, durante un percorrido aproximado de tres kilómetros. No percorrido haberá unha gincana de obstáculos na que terán que atravesar un balancín metálico, un foso con auga, xogos de puntería e habilidade, ata dirixirse o punto de remate do percorrido onde se fará o cambio cun novo participante. Ó mesmo tempo, faranse diferentes actividades e xogos montados nos Quads.
A idea é acercar ás persoas con discapacidade, a posibilidade de gozar das sensacións que produce circular nestes vehículos: sensación de liberdade, velocidade así como tamén poder desprazarse por lugares non accesibles para as cadeiras de rodas, podendo gozar da natureza.
Ademais das rutas en quads, levaranse a cabo diversas actividades musicais e de ocio. Contaremos coa presenza do Club Deportivo Tamiar APAMP, do grupo de Bombeiros Afouteza, dos membros de Discamino e co equipo canino de Lara Martínez. Todos eles realizarán diversas demostracións e exhibicións das suás actividades.
A actividade realízase en colaboración coa a Asociación Quad Galicia, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo.
Programación VI Xuntanza Discapaciquad
- 10:00 /13:30 h. Inicio da actividade/ percorrido quads.
- 11:00h a 12: 00 h: Exhibición boccia y slalom.
- 11:00h a 12:00h: Juegos circuito APAMP – 11:30 a 12:30 Exhibición bomberos Afouteza
- 12:30h Actuación Pandereteiras de Tangaraño.
- 13:00 Visita Club Baloncesto femenino Navia
- 13:30 a 15:00h: comida/vermout.
- 15:00h a 18:00: Circuito Quads
- 16:00 a 17:00h: Exhibición canina Lara Martínez.
- 17:00h a 18:00h: Actuación Pandereteiras Pándegas das Teixugueiras.
- 18:00 fin de la actividad.

