O CHUVI recibiu ao alumnado de técnicos de coidados auxiliares de enfermaría

23 estudantes deste grao inician hoxe o seu módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro

Un total de 23 alumnas/os do ciclo de grao medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) comezaron o seu período de formación no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Trátase do segundo grupo de estudantes, xa que ao longo do ano o Chuvi acolle a 80 destes técnicos para completar a súa formación.

Este alumnado de TCAE, que cursa o ciclo formativo en distintos centros educativos de Vigo, completará a súa formación nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, realizando este módulo de FCT imprescindible para acadar as competencias profesionais propias da titulación TCAE.

A supervisora de Calidade e Docencia da Área Sanitaria de Vigo, Inmacula Pardo, xunto coa Coordinadora de docencia TCAE, Modesta Riobó, foron as encargadas de darlles a benvida oficial, nun acto nos que se lles facilitou toda a información e normas para o desenvolvemento desta formación.

En toda a Área Sanitaria as/os profesionais, neste caso TCAEs, exercen unha importante labor docente, xa que titorizan a este alumnado durante a súa estancia nos hospitais. Unha titorización imprescindible para que o alumnado poida integrar na súa práctica os coñecementos teóricos adquiridos no centro educativo, así como tamén actitudes e valores para alcanzar as competencias profesionais necesarias que o habiliten para prestar unha atención sanitaria adecuada as demandas actuais da poboación.