Profesionais de diferentes especialidades imparten un curso para facultativos doutros hospitais españois que desexen implementar este programa preventivo do virus do papiloma humano, causante de cáncer de cérvix e anal
O Chuvi ven de organizar un curso sobre o virus do Papiloma Humano. Trátase da 4ª edición deste curso, dirixido a facultativos doutros centros sanitarios españois que estean interesados en implantar o Programa de detección précoz de cáncer anal que se ven desenvolvendo no Chuvi desde hai unha década.
Un total de 6 facultativos doutros hospitais galegos e doutras comunidades como Canarias ou León participan nesta edición. É un curso teórico-práctico na que os participantes rotarán durante varios días por diferentes servizos.
Programa de cribado de cáncer anal pioneiro
Segundo explica o infectólogo e un organizadores desta formación, o doutor Antonio Ocampo “os cancros de cérvix e de ano comparten unha causa común, o virus do papiloma humano de alto risco. Sen embargo, mentres a prevención mediante cribado de lesións precursoras do cancro de colo de útero estaba ben establecida, cunha eficacia demostrada das unidades de despistaxe deste cáncer, non ocorría o mesmo co cribado das lesións anais. Por isto, vimos a necesidade e rendibilidade de implementar tamén un programa de despitaxe de cáncer anal en certos colectivos derisco, utilizando a anoscopia de alta resolución no diagnóstico e tratamento da neoplasia intraepitelial anal de alto grao”.
Este programa de cribado diagnóstico-terapéutico, que no seu momento foi un dos primeiros de España, é desenvolvido por un equipo interdisciplinar conformado por cirurxiáns coloprotolóxicos en colaboración con especialistas en infecciosas, xinecoloxía, oncoloxía, uroloxía, microbioloxía, preventiva, anatomía patolóxica, ORL; todos eles compoñentes do Grupo de estudo VPH, GECAO. Ademais, conta co apoio fundamental da enfermaría, en concreto da enfermeira xestora de casos, Silvia Rodriguez.
Neste momento, o programa de cribado está xa consolidado como actividade clínica na carteira de prestacións sanitaria do Complexo vigués, e ten recoñecido o seu importante valor asistencial.
Ata a data xa leva estudados a 1051 pacientes de diversos grupos de risco.