O cemiterio de Pereiró contará cun espazo ecolóxico para o enterro das cinzas

O alcalde anunciou a licitación para a remodelación do interior do cemiterio de Pereiró que dotará ao camposanto dunha zona ecolóxica para o enterro das cinzas.

A Xunta de Goberno aprobou a licitación da obra de remodelación do interior do cemiterio de Pereiró, que contará cun espazo ecolóxico para o enterro das cinzas en cinceiros biodegradables.

Segundo explicou o alcalde, o cemiterio-xardín terá unha área para cerimonias e reunións, cunha mesa en pedra para colocar as cinsas, bancos e un espazo para escribir mensaxes. Ao lado vai instalarse unha zona para depósito das cinzas cuberta de áridos e un sistema de rego que facilita a filtración dos restos. Amais, está permitido o enterro de cinseiros biodegradables.