O Belén Monumental de Vigo rexistra 150.521 visitas

O xoves 8 e o sábado 10 de decembro alcanzáronse os días con maior número de visitas, por enriba das 7.800 persoas

O Belén Monumental de Vigo rexistrou 150.521 visitas desde a súa apertura o 26 de novembro. Unha cifra que, en palabras do alcalde, Abel Caballero, supón “unha mostra do nivel de afluencia do alumeado de Nadal de Vigo”.

Tanto o xoves 8 como o sábado 10 de decembro alcanzáronse os días con maior número de visitas, por enriba das 7.800 persoas. Caballero tamén destacou que “o día 3 e o 4 accederon o Belén máis de 4.600 visitantes”.

Ocupación hoteleira

O primeiro fin de semana de xaneiro deixou na cidade unha cifra superior ao 60% de ocupación. Durante as fins de semana de decembro Vigo “superaron o 95%” e cuns “niveis de ocupación en todo o Nadal, superior o 85%” situando “récords inigualables” como enfeitizou o rexedor.

Engadiu que “na medición do INE con rexistros de teléfonos móviles, Vigo xa é a cidade galega con máis visitantes estranxeiros. Vigo tivo 172.572 turistas, fronte os 152.045 turistas de Santiago”.