O Álvaro Cunqueiro celebrou unha xornada sobre conducta suicida e trastornos aditivos

O consumo de alcohol incrementa el risco de intento de suicidio, sobre todo na adolescencia

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu as 2ª Xornadas Autonómicas Galegas de Socidrogalcohol -Suicidio, Alcohol e Adicións- nas que participaron 130profesionais vinculados ás redes aditivas, á sáude mental e  a educación.

Este encontro, coordinado polo psiquiatra Gerardo Flórez, secretario xeral de Socidrogalcohol e a psicóloga de Asvidal, Carmen Guimeráns, foi inaugurado polo xerente da Área sanitaria de Vigo, Javier Puente. O  seu obxectivo principal era estudar as condutas suicidas en relación cos trastornos aditivos, sobre todo co alcohol.

Nos últimos tempos tense experimentado un incremento nos rexistros das cifras de suicidios, o que estase convertendo nun problema de saúde pública de primeiro orde.

Os expertos teñen constatado que o consumo de alcohol incrementa o risco de ideación, planificación e intento de suicidio,  independentemente de que o suxeito presente ou non un trastorno aditivo a esta substancia. Se estima que no 37% dos suicidios consumados e no  40% dos non letais a persoa tiña  consumido alcohol previamente.

Obviamente, o risco é 6 veces maior que na poboación xeral cando se trata  de adicción ao alcohol.

Especial importancia ten a relación entre conduta aditiva e suicidio na adolescencia: diferentes estudos demostraron a alta correlación existente entre o consumo de alcohol e  o risco suicida, encontrándose que ata un 50% dos adolescentes suicidas presentaba  alcoholemia positiva.

Relatores especialistas

A especial vulnerabilidade destes colectivos requiren dunha resposta eficaz tanto dos servizos máis especializados como da administración. Polo tanto, nesta xornada búscase a colaboración entre todos/as para optimizar aspectos como a identificación das persoas en risco, personalizar os servizos, mellorar a súa accesibilidade e favorecer a coordinación e cooperación para lograr diminuír e visibilizar esta situación.

Para  isto contarán con expertos internacionais como Iván Dario Montoya,  director de división do Instituto Nacional de Abuso de Drogas en EEUU (NIDA) que ofrecerá a conferencia inaugural sobre “El impacto del suicidio en la epidemia  por sobredosis en América”.

Tamén participarán, entre outros, a xefa do servizo de Saúde Mental do Sergas, María Tajes, que presentará os resultados do Plan de Prevención do Suicidio da Consellería de Sanidade;  o psiquiatra Antoni Gual, investigador emérito  da Unidade de Condutas adictivas do Hospital Clinic de Barcelona;  ou o facultativo de medicina familiar e comunitaria, Jacinto Mosquera do centro de saúde de Bembrive e especialista en alcohol, que falará da atención aos trastornos aditivos e suicidio desde a perspectiva de Atención Primaria.