O Álvaro Cunqueiro acolle un curso nacional de cirurxía esófago-gástrica

Asistiron 9 residentes de distintos hospitais de España, que participaron en 12 operacións cirúrxicas, 4 delas con cirurxía robótica

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu, un ano máis,  o  Curso nacional de cirurxía esófago-gástrica destinado á formación de facultativos nas técnicas máis avanzadas neste tipo de intervencións. Avaliado pola Sociedade Española de Cirurxiáns, está dirixido a residentes de 4º e 5º ano de Cirurxía Xeral e Dixestivo.

Neste curso participaron 9 residentes de distintas comunidades españolas. Durante  3 días desenvolveuse un completo programa teórico e práctico en xornadas de mañá e tarde.  Así, os asistentes participaron en 12 intervencións cirúrxicas -4 delas con cirurxía robótica–de diferentes tipos de patoloxías, desde as benignas ás de maior complexidade como cancros de esófago e gástrico.           

Neste momento, este curso é xa unha referencia na formación especializada a nivel nacional.