O Álvaro Cunqueiro acolle a exposición fotográfica sobre o labor humanitario da ONG Tierra de Hombres en Ucraína

Un total de 40 fotografías reflicten o traballo que está desenvolvendo a ONG neste país en guerra

Tierra de Hombres leva entregado 30.000 kits de alimentos, hixiene, e material escolar; ademais, habilitaron 20 albergues “childfriendly”

O Hospital Alvaro Cunqueiro inaugurou hoxe unha  Exposición fotográfica sobre o traballo que leva a cabo a ONG Tierra de Hombres en Ucraína, un proxecto de axuda humanitaria financiado pola área de Cooperación da Xunta de Galicia.

No acto estiveron presentes o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o responsable da ONG “Tierra de Hombres” en Galicia, José Raúl Besada.

A mostra, emprazada nas consultas externas do hospital, conta con 40 fotografías realizadas pola Organización.

A guerra en Ucraína contabiliza máis de 7 millóns de refuxiados ucraínos noutros países,  e outros 7 millóns de desprazados internos. Se estima que 17,7 millóns de persoas deste país poderían necesitar axuda humanitaria. Na súa intervención en Ucraína, Tierra de Hombres desenvolve varios programas, priorizando o apoio aos provedores de axuda humanitaria; os servizos directos aos nenos e nenas e ás súas familias; e a protección da infancia. Grazas ao seu labor, máis de  30.000 persoas recibiron  kits de alimentos, hixiene, material  escolar e equipos móbiles. Ademais, remodelaron 30 centros de acollida; habilitaron 20 albergues “childfriendly” e capacitaron a profesionais para a atención de 90 escolas.