O alcalde inaugura a humanización da rúa Valladolid

O goberno local investiu 327.000 euros na transformación coa ampliación das beirarrúas, renovación do mobiliario urbano e renovación das redes de saneamento e abastecemento

Abel Caballero achegouse á rúa Valladolid para inaugurar a humanización da zona. O alcalde valorou positivamente a actuación na súa visita na que o goberno local ten investido 327.000 euros.

Caballero deu conta da “remodelación por completo”, ampliando o espazo peonil e con novos servizos urbanos. Deste xeito, as obras consistiron en beirarrúas máis anchas, renovación do pavimento, novas redes de saneamento, abastecemento e pluviais, novas luminarias LED, zonas verdes con 6 novos árbores e 83 metros lineais de xardíns e dous bancos.

O rexedor manifestou en rolda de prensa que a obra enmárcase na remodelación do entorno da avenida Emilio Martínez Garrido, que está a comezar as obra na IV Fase cun importe de 1, 2 millóns de euros. A humanización de Emilio Martínez Garrido supera os 5 millóns de euros.