O alcalde entrega a Begoña Vila Costas o galardón Viguesa Distinguida 2022

A astrofísica viguesa, que desenvolve o seu labor na NASA, non puido recoller o recoñecemento da cidade o pasado mes de marzo xunto ao resto de persoas e entidades premiadas, ao estar traballando nos Estados Unidos

Abel Caballero puxo en valor a figura de Begoña Vila Costas a quen dixo entregarlle o galardón “sabendo que é unha das grandes científicas que tivo nunca Vigo na súa historia. Fágoo cun inmenso orgullo e felicitareina no nome da cidade”.

O Concello acolleu o acto de entrega da distinción a Begoña Vila Costas, enxeñeira doutorada pola Universidade de Manchester, que actualmente traballa na NASA e que foi unha das científicas responsables do desenvolvemento do maior telescopio enviado ao espazo, o James Webb, tal e como sinalou o rexedor en rolda de prensa.

Begoña Vila non puido asistir á Gala de entrega dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos porque estaba nos Estados Unidos pero regresa cada verán á cidade e recibe hoxe o recoñecemento da cidade.