O alcalde eloxia o traballo de Bicos de Papel, que conta cun posto solidario en Travesas

Abel Caballero visitou este xoves o stand que a entidade abriu no Centro Comercial 3, en Praza de América, un espazo de venda co que financiar a súa actividade en favor dos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro.

Bicos de Papel estará neste posto ata este sábado e abrirá outro no centro comercial Gran Vía do 20 ao 24 de decembro.