O alcalde eloxia o papel das ximnastas do Club Sieiro no mundial de Bakú

Abel Caballero recibiu este mércores a Esther Pacheco e Lucía Pereira, oitava e novena clasificadas respectivamente no Campionato do mundo por idades de Ximnasia Trampolín, na categoría de 15-16 anos

En Bakú, Esther Pacheco converteuse na primeira ximnasta do Club Sieiro Acrobacia Vigo en clasificarse nunha final dun Campionato do mundo por idades. Lucía Pereira, pola súa banda, clasificada novena, quedou a décimas de conseguilo. Ambas recibiron este mércores a felicitación de Abel Caballero, quen as recibiu na Alcaldía xunto a Iván Estévez, o adestrador, e a Sara Penedo, adestradora e presidenta do club.