O alcalde coloca a primeira pedra da humanización da rúa Romil

Esta mañá o alcalde participou no acto simbólico da primeira pedra da primeira fase da humanización da rúa Romil, acompañado polos edís de Fomento, Javier Pardo, e Medioabiente, Nuria Rodríguez, ademais de técnicos municipais e da construtora

Comezan as obras de humanización da primeira fase da rúa Romil, que abarca desde la intersección cá rúa Ourense e o cruce cá rúa Feliciano Roldán. O alcalde sinalou que “ten un custe de 1.300.000€ e cun prazo de execución de 5 meses dende este momento, que xa está en marcha”.

Estas obras abranguen unha actuación de 380 metros de lonxitude e cunha superficie de 4.700 m², nos que se actuará en diferentes ámbitos. Contará con 1.575 m2 de pavimento de pedra, 610 m² de adoquín e 508 m2 de formigón, ademais dunha mellora das redes de servizos e a canalización de electricidade e telecomunicacións.

Na superficie incorporaranse 43 novos puntos de luz, xunto con 16 sinais verticais. A maiores realizarase unha actuación de xardinería coa inclusión de arbustos, 40 árbores e 10 maceteiros de gran tamaño, que acompañarán aos 10 bancos que se instalarán ao longo da rúa.