O alcalde celebra o éxito dos programas sociais este verán na cidade

A área de Política Social ten en marcha no período estival diferentes propostas para os maiores: Divírtete no verán, as actividades interxeracionais nas prazas da cidade e o programa de avellentamento activo

O alcalde deu conta este luns do desenvolvemento dos programas municipais de lecer organizados pola área de Política Social destinados para as persoas maiores da cidade e que cualificou como de “gran éxito”.

O programa “Divírtete non verán” suma 240 prazas durante os meses de xullo e agosto para que as persoas con discapacidade realicen actividades de lecer e tempo libre: piscina, barco pola Ría ou visitas a museos, nunha experiencia de diversión que permite tamén o respiro familiar das persoas coidadoras.

No caso das actividades interxeracionais nas prazas de Vigo, Abel Caballero explicou que se cubriron as 400 prazas ofertadas durante os meses de xullo e agosto, con propostas en prazas como a da Igrexa (Florida), a Praza do Mercado de Teis, a Praza do Mercado do Calvario, a Praza da Independencia ou a Alameda de Bouzas.

Amais, o programa de avellentamento activo Julio Verne permite que 2.500 persoas naveguen pola ría de Vigo e coñezan o fondo mariño a bordo do Nautilus durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro.