O alcalde anima á mocidade a coñecer as posibilidades das ensinanzas artísticas

O museo Verbum acolleu este xoves a apertura da VIII edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo co obxectivo de visibilizar ensinos menos coñecidos polo estudantado e as súas familias

Abel Caballero participou na inauguración da xornada na que están presentes 18 centros profesionais da cidade que darán a coñecer as saídas laborais que ofrecen as titulacións que imparten. O rexedor percorreu os stands e e animou ás mozas a aos mozos a informarse sobre as posibilidades profesionais das ensinanzas artísticas.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Entre os participantes están a UNED, EOI, Conservatorio de Música MAYEUSIS, Escola de Cantería, Centro de Artes Plásticas e Deseño AULA D (Gráfica Publicitaria e Interiorismo), Garda Civil, Universidade Intercontinental da Empresa, Air Hostess (auxiliares de voo), ACEIMAR, FALCATA (Esgrima), Centro de Artes Plásticas e Diseño TEXMODA, GOYMAR, Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, Abanca, Escola Europea Parasanitaria, Escola de Pilotos, Escola de Imaxe e Son EISV, Plan Zero (intercambios de alumnos e idiomas) e varios institutos de ensino secundario da cidade.