O aeroporto de Vigo contará en decembro con mellores conexións con Madrid

Iberia e Air Europa reforzarán as súas conexións polo que Peinador contará con 42 frecuencias semanais de ida e volta, dúas máis que ata o de agora

O aeroporto de Vigo contará no mes de decembro con 42 frecuencias semanais á capital de España, dúas máis que ata o de agora.

Air Europa aumenta as súas conexións ata ás 14, incrementando unha os martes, cando a ata o de agora este día non tiña voo a Madrid.

Pola súa banda, Iberia mantén os seus 28 enlaces pero adianta o das 13,40 h ás 9,25 horas tres días á semana (luns, martes e mércores), un cambio que facilita as viaxes de traballo de ida e volta no mesmo día.