Un Pleno extraordinario dará luz verde de xeito provisional ao Plan Xeral
O alcalde anunciou para o xoves 28 de decembro a convocatoria dun pleno extraordinario para a aprobación provisional do Plan Xeral.
De este xeito, dixo, avánzase nun documento urbanístico “coherente, libre de especulación, máis verde, con máis dotacións deportivas e culturais.
Nesa mesma sesión plenaria, tamén se aprobará o orzamento de 2014, unhas contas que prevén máis política social, máis inversión, máis recursos para deporte, cultura ou creación de emprego, aclarou Caballero.

