A Xunta de Goberno aprobou este xoves a prórroga do contrato. O alcalde anunciou que na próxima xuntanza do goberno local dará luz verde ao plan de retirada de especies exóticas invasoras no entorno das Illas Cíes
O alcalde anunciou en rolda de prensa que a semana que ven iniciaranse as tarefas de desbroce e limpeza de biomasa vexetal, unha vez foi prorrogado un ano o contrato por valor de 300.000 €.
O Concello realizará a limpeza de forma subsidiaria naquelas parcelas nas que non se pode definir o propietario ou non se logra contactar co mesmo, repercutíndolle o importe unha vez se localice. Abel Caballero sinalou que “isto é moi importante” e recorda que “todo o mundo debe ter as súas parcelas libres de maleza xa que estamos pasando un momento de seca extraordinario”. O incumprimento pode ser sancionado.
Por outra banda, o rexedor vigués confirmou que a semana que ven aprobarase na Xunta de Goberno o plan de control e desenvolvemento de metodoloxías para especies invasoras. Trátase dunha convocatoria lanzada polo Goberno de España dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia, financiado con fondos Next Generation EU para zonas de influencia de Parques Nacionais, que terá unha inversión de 121.000€.
As actuacións estenderanse o longo de máis de 39 hectáreas, que incluirán tres zonas da nosa cidade como son o río Eifonso, o río Lagares e o monte de A Guía.

