
A A.V Novo Vigo organiza un evento o 5 de xuño para impulsar o Xacobeo 21-22
Unha pequena ruta polo barrio de Navia e actividades dixitais serán as encargadas de achegar á cidade de Vigo o Xacobeo 21-22
A AV Novo Vigo leva a cabo un evento que pretende achegar á cidadanía o Camiño de Santiago neste ano Xacobeo. O evento lévase a cabo de dos xeitos: dixital e presencial. As actividades dixitais poderanse consultar na páxina web do evento: www.naviacoxacobeo.es e ten como destinatario ao público infantil-familiar. Unha variedade de cantigas, contacontos e obradoiros que o público infantil terá que visualizar para poder obter acceso aos premios.
A actividade presencial terá como destinatarias a todas as persoas de todas as idades. Unha ruta de 3km polo barrio de Navia no que haberá 5 postos con información dos 10 camiños oficiais, persoas artesás galegas que achegan o produto galego ata o barrio de Navia e animación de rúa para envolver ao público na música e tradición galega.
Para participar nos sorteos deberase adquirir a “compostelnavia” en calquera dos postos de información do Camiño de Santiago, asinala e introducila nas urnas habilitadas para o sorteo. Os premios poderanse trocar por experiencias (kaiak polo Sil, catas de viño…) e aloxamentos nalgúns dos puntos do Camiño (Allariz, Muxía…)
Lugar e data.- De xeito dixital: do 31 de maio ao 11 de xuño. De xeito presencial polo barrio de Navia o día 5 de xuño de 16h a 21h
