Nadia Bouzas, campioa do Open de España de Taekwondo

A mosense da parroquia de Torroso, Nadia Bouzas, vén de erixirse campioa do Open de España de Taekwondo o pasado 1 de abril na Nucia (Alicante). Nadia (Kae Sport), logrou o ouro na categoría feminina e fixo unha competición espectacular vencendo en 4 combates. A mosense superou a Fenne Steenaerts (Bélxica) e Maelle Yembi (Francia), ata alcanzar as semifinais onde eliminou a Paine Juanes. E por último, gañou na final á belga Serina Badji, por 10-7.