Mos proxecta importantes melloras en 3 edificios municipais claves na vida local

Proxecto de mellora do Pavillón Óscar Pereiro

Trátase da optimización do Pavillón Óscar Pereiro, a base de Emerxencias e o Multiusos. Para elo o Concello de Mos opta a sendas subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia

Mos solicitará 3 subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a realización de importantes melloras en sendos edificios municipais. As dependencias da administración local a optimizar serán o Pavillón Óscar Pereiro, a cuberta da base de Emerxencias e a climatización do Multiusos das Pozas.

No caso da infraestrutura deportiva do Pavillón Óscar Pereiro, que alberga tamén a Piscina Municipal, realizarase unha rehabilitación integral do centro deportivo para a mellora da eficiencia enerxética. Para elo desde o Concello de Mos solicitarase unha subvención autonómica dirixida a concellos para a mellora da eficiencia enerxética nos edificios e infraestruturas municipais. Axuda que sería investida na realización de obras de eficiencia enerxética mediante a mellora da envolvente térmica do edificio municipal do Pavillón Óscar Pereiro actuando nas fachadas e na instalación de carpinterías exteriores e acristalamentos con boas características térmicas.

Por outra banda a mellora da Nave do Servizo Municipal de Emerxencias realizarase coa axuda solicitada a través do Fondo de compensación ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes mediante a liña de subvencións a concellos para a realización de actuacións de investimento nos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural.

Estado do Pavillón Óscar Pereiro, febreiro 2022

Deste xeito procederase ao arranxo da cuberta do edificio de Emerxencias do Concello de Mos. O obxecto da obra e a colocación de panel sándwich na zona na que se atopan os dormitorios e a oficina coa retirada dos paneis de fibrocemento existente e a impermeabilización dos canalóns e a colocación de novas baixantes, xa que as existentes discorren polo interior dos pilares de formigón da edificación. As obras cionsistirán no desmontado, acopio e tratamento por empresa especializada en desamiantados da cuberta de pranchas de fibrocemento; subministro e colocación de pranchas sándwich, cor verde de 5,00 cm. de espesor en cuberta e pinchos da fachada norte e sur, impermeabilización de canalóns existentes e subministro e colocación de baixantes de sección circular executada en zinc. As obras descritas ascenden a un orzamento de execución por contrata de 30.684,39 €.

E por último a mellora a realizar no Edificio Multiusos das Pozas consistirá na optimización da instalación de climatización que se financiará solicitando subvención autonómica dentro da liña de axudas a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Na devandita convocatoria pódese optar a solicitar apoio económico para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais mediante obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación para garantir que estas resulten accesibles e/ou dotalas de equipamentos.

Así, o Multiusos das Pozas, dependencia municipal que consta dun auditorio, e que alberga os departamentos de Cultura, Educación, Mocidade, Participación Cidadá e Política Social, será obxecto da instalación de dúas bombas de calor aire-auga, reversibles (frío ou calor), de potencia nominal térmica 30 kW cada unha, e gas refrixerante. Estas, sumadas ás xa instaladas no ano 2022, suman a potencia necesaria para cubrir a potencia simultánea estimada, unha vez coñecido o uso real do edificio.

Os equipos xeradores serán dous unidades aerotérmicas monobloc (conexións hidráulicas) de 30 kW cada unha. Sumando 60 kW suficiente para cubrir a potencia simultánea coa axuda das xa instaladas no ano 2022. Estas axustaranse ao colector xeral actual con posibilidade de axuste directo. A razón de instalar estas unidades radica en ter duplicidade e repartición de carga sobre a cuberta de viguetas que se sitúan sobre o foxo. Estas deberán estar sobre o mesmo por razóns de intercambio térmico co aire, realizarase unha hornacina ou armario que as protexa e disimule esteticamente. O orzamento de execución por contrata desta obra ascende a 48.200 euros.