A actuación faise a través dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia , destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.
«A reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos é unha necesidade urxente e moi necesaria, xa que debido ao paso dos anos as infraestruturas foron deteriorándose, sobre todo co paso dos vehículos por esta zona», sinalan dende o concello. Ca peatonalización desta zona e o arranxo das zonas danadas, dende o concello mosense quérese conseguir dotar de valor o entorno do Pazo de Mos e a preservación do Patrimonio nas mellores condicións posibles.
Os traballos consitirán na reparación mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables coa substitución por outras das mesmas. A reparación de pezas soltas e movidas para acadar a planeidad idónea para o tránsito dos peregrinos nunha lonxitude de 42 m terá un custo que acada ós 23.275 euros.

