Mos converteuse esta fin de semana en epicentro internacional do CrossTraining

Congregou a 3000 persoas entre público e competidores, triplicando a afluencia prevista e a acadada na anterior edición

A II Edición de Molis Legend celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro e reuniu a a 400 atletas chegados de toda España e Portugal

A alcaldesa Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e as tamén edís mosenses Julia Loureiro e Laura Méndez, fixeron a entrega de premios aos gañadores onte pola tarde

3.000 persoas e 5.000€ en premios son as cifras que resumen esta pasada fin de semana en Mos a nivel deportivo. A protagonista do deporte mosense os días 23 e 24 de marzo foi a segunda edición da Molis Legend, unha competición internacional de CrossTraining que incluíu 7 categorías diferentes.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Os vencedores de cada unha destas sete categorías resultaron ser:

Scaled masculino: Fran da Silva.

Scaled femenino: Iris Soto Blanco.

Rx masculino: Carlos del Arco Troncoso.

Rx femenino: Andrea Moreira.

Parellas escalado: Valeria Gomes Aanido e Alejandro, de Crossfit Berkana.

Parellas master: Sandra Macías Franco e Francisco Badiola, de Crossfit OVD.

Parellas rx: Jon Urrutikoetxea e Paula Rodríguez, de Max Effort.

A entrega de premios da II Edición Molis Legend, celebrada onte pola tarde no Pavillón Óscar Pereiro, contou coa presencia da alcaldesa Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e as tamén edís mosenses Julia Loureiro e Laura Méndez.

Molis Legend é unha competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box e que conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores. Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box é o organizador do evento.

A competición celebrouse esta pasada fin de semana, os días 23 e 24 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro coa participación de 400 atletas chegados de España e Portugal, 50 membros en staff e 7 eventos e categorías diferentes. O evento deportivo contou con zona shopping, zona outdoor e zona FoodTrucks. Zona habilitada para stands comerciais, bar, zona de comidas…

A afluencia superou todos os records e cálculos previstos pois fixérase unha estimación de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; e finalmente acadáronse as 3.000 persoas.

Participaron 400 atletas chegados de toda España e Portugal. O evento repartiuse en 7 categorías diferentes, tanto individual como parellas mixtas. O nome da competición fai referencia a Mos, xa que Terra de Molis no século XII facía referencia á zona, e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.