Naceu ás 1,07 horas e os seus pais son de Baiona
O primeiro bebé do ano do hospital Álvaro Cunqueiro foi unha nena, María, que naceu ás 1.07 horas. Foi un parto natural e pesou 3,450 quilogramos.
Os seus pais, Iria Puga e Oscar Brao, son de Baiona. Trátase da primeira filla desta parella, que elixiron o nome da nena en memoria da súa bisavoa.